Escola Infantil Fany somos unha escola subvencionada de educación infantil en Narón, (A Coruña). Contamos con subvencións por parte da Consellería de Política Social. Impartimos o primeiro ciclo de educación infantil a nenos e nenas desde os 3 meses ata os 3 anos.
O noso aceno de identidade é a gran facilidade para conciliar a vida familiar e laboral, grazas a que dispoñemos de amplos horarios e servizos. Ademais, posuímos un proxecto educativo propio no que iniciamos as linguas do castelán, galego e inglés.
Implicámonos de maneira activa no coidado do medio ambiente, de feito, participamos no Proxecto de Voz Natura. Obtivemos o 1º premio ao MELLOR PROXECTO INFANTIL a nivel autonómico no curso 2014 / 2015.